Print

Nabos á crema

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Azucre
  • 10 g Caldo de verdura
  • 10 g Fécula de millo
  • 20 g Ovo
  • 5 g Manteiga
  • 83 g Nabo
  • 20 g Nata
  • 1 g Perexil

Instructions

  • Cortamos os nabos en catro anacos e fervémolos durante polo menos 5 min. Tras isto, retirámolos e escorrémolos. Pasámolos por unha tixola con aceite e manteiga quente á vez que os esparexemos de sal e azucre. Metémolos, tras esta operación, nunha tarteira que conteña o caldo para cocelos, a lume lento, ata consumir o líquido. Engadimos ademais a nata neste paso. Mesturamos, á parte, o leite coas xemas dos ovos e coa fécula de millo, botámola mestura sobre os nabos e removemos ata conseguir espesar a salsa evitando que ferva.

Notes

O nabo xa se consumía na Idade Media. Apreciábano moito os gregos e os romanos. Contén gran cantidade de auga e fibra polo que é moi axeitado para incluír en dietas de adelgazamento. A presenza de xofre que contén é moi axeitada para persoas que padecen enfermidades dexenerativas. Contén vitamina C polo que ten poder antioxidante. A nata que se engade aos nabos proporciona graxas e calorías. Tamén ten unha gran cantidade de vitamina A que axuda á formación e ao mantemento de dentes sans e tecidos brandos e óseos, ademais das membranas, das mucosas e da pel.