Orella cocida
Servings 1 persona
Ingredients
- 75 g Orella de porco
- 3 g Pemento picante
- 1 g Sal
Instructions
- Cocer, simplemente, a orella previamente lavada e desalgada durante a véspera. Presentala cortada en anacos, salpementada e cun chorro de aceite de oliva.
Notes
A orella de porco atópase englobada dentro dos produtos chamados miúdos. Os romanos, os bizantinos e os visigodos consideraban os produtos miúdos como carnes exquisitas. É moi frecuente encontrala como tapa en moitos lugares de España. A orella de porco presenta unha boa proporción de proteínas pero con calidade inferior a outras carnes. Caracterízase por ter unha alta porcentaxe de colesterol e textura cartilaxinosa tamén. A orella proporciona ferro, fósforo, cinc e vitaminas A e B12, pero contén gran cantidade de purinas relacionadas co aumento de ácido úrico no organismo polo que se desaconsella en persoas que padezan gota.