Orellas de entroido
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 2 g Azucre
- 20 g Fariña
- 5 g Ovo
- 1 g Fermento
- 4 g Licor doce (Anís)
- 2 g Manteiga
- g Rela de limón
- 1 g Sal
Instructions
- Batemos unha mestura de ovos, azucre e unhas gotas de anís. Mesturamos a fariña co fermento e amasamos un pouco. Despois facemos un oco no medio onde vertemos o batido anterior e ademais botaremos a auga prequentada e a manteiga en estado líquido. Unha vez amasada a mestura anterior, fraccionámola en anacos e estirámolos ben coa axuda dun rolo ou algún utensilio de cociña similar. Enfariñar a superficie de traballo para esta operación. Recortamos, en formas variadas, as tiras de masa resultantes. Fritimos en aceite abundante. Servimos con azucre por enriba, opcionalmente.
Notes
Este é unha sobremesa típica galega que se consome especificamente como o seu nome indica na época do Carnaval. O Carnaval ten a súa orixe en tempos ancestrais. Esta celebración estaba moi ligada á alimentación posto que se celebraba xusto antes de empezar a Coresma, período en que predomina o xaxún. O Carnaval era un xeito de consumir toda a carne de porco que se puidese antes de comezar a Coresma. A zona onde se celebran os carnavais con maior intensidade é a provincia de Ourense. Esta é unha sobremesa moi típica do seu carnaval. A orella de carnaval é unha masa frita, moi sinxela de preparar, que recibe o seu nome polo parecido con esa parte da anatomía.