Print

Ostras en escabeche

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 20 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 1 g Loureiro
  • 55 g Ostra
  • 1 g Pementa negra
  • 1 g Sal
  • 10 g Vinagre
  • 10 g Viño branco

Instructions

  • As ostras frítense en aceite unha vez se extraídas das cunchas. Unha vez fritidas retíranse e resérvase o aceite. Para elaborar o escabeche engádeselle á auga, o vinagre, o viño branco, a pementa, o loureiro e o sal. No aceite reservado das ostras dóuranse os dentes de allo. Cando estean dourados agrégaselles un pouco de viño branco e retíranse. Cando perda temperatura engádeselle esta salsa ao escabeche e emulsiónase todo ben. Logo, déixase cocer a lume lento. Botáselle o escabeche sobre as ostras.

Notes

En Galicia coméronse tradicionalmente ostras. Ademais de comelas crúas consumíanse en escabeche colocándoas nos barrís que o contiñan. Xa no século XV, nos mercados, o seu prezo era algo elevado. Hoxe en día, o cultivo da ostra predomina ao longo das Rías Baixas, en Carril ou na illa de Cortegada, xa que os bancos naturais foron desaparecendo co aumento do seu consumo.