Print

Paella

Course Segundo prato

Ingredients

  • 60 g arroz
  • 50 g pemento verde
  • 20 g peituga polo
  • 20 g gambas
  • 20 g cebola
  • 40 g salsa tomate
  • 100 mL caldo polo
  • 1 dente (4g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • colorante alimentario
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nunha paella refogamos o polo cortado en dados e reservamos. Nesa mesma paella refogamos as verduras e rustrimos o arroz, engadimos o tomate en salsa e o polo dourado. Mollamos co caldo (dobre de caldo que de arroz), cando levante o fervor damos o punto de sal e introducimos ao forno 15 min a 180ºC.

Notes

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.