Print

Paella de marisco

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 15 g Agulla de tenreira
  • 3 g Allo
  • 65 g Arroz
  • 35 g Berberecho
  • 2 g Lura
  • 5 g Cebola
  • 50 g Cigala
  • 5 g Gamba
  • 10 g Chícharo
  • 10 g Feixó
  • 30 g Lombo de porco
  • 45 g Mexillón
  • 10 g Pemento vermello
  • 60 g Polo
  • 1 g Sal
  • 15 g Tomate
  • 20 g Viño branco

Instructions

  • Sofritimos os ingredientes de xeito escalonado. Primeiro o pemento xunto co tomate, despois engadimos as carnes de tenreira e polo e seguidamente as luras. Finalmente, botamos os mexillóns e os berberechos previamente cocidos. Deixamos que se sofrita todo xunto 5 min máis. Engadimos ao rustrido o arroz xunto co sal e co colorante alimentario. Tras uns minutos, procedemos a bañar a mestura coa auga de cocción (preferiblemente usaremos aquela auga procedente de cocer os mexillóns e os berberechos). Unha vez que comece a ferver colocamos o marisco en forma de adorno enriba de todo o anteriormente dito. O prato estará listo tras 20 min a lume medio.

Notes

O protagonista principal deste prato é o arroz, boa fonte de carbohidratos e base ideal que combina perfectamente con outros alimentos. É moi doado de dixerir, xa que a diferenza doutros cereais carece dunha proteína chamada glute que ocasiona serios trastornos dixestivos nalgunhas persoas (enfermidade celíaca). Os mariscos que acompañan ao arroz proporcionan poucas graxas e estas presentan ácidos graxos omega 3 moi beneficiosos para a saúde cardiovascular. Tamén conteñen ferro, calcio e fósforo.