Print

Paella vexetal

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 60 g arroz
  • 50 g cabaciño
  • 40 g cenoria
  • 25 g pemento vermello
  • 20 g champiñóns laminados
  • 15 g millo
  • 15 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar as hortalizas en dados (pemento, cenoria e cabaciño) e refogar en aceite con allo picado. Engadir o arroz e refogar un minuto. Mollar con auga quente en dobre volume que de arroz. Poñer os chícharos crus, os champiñóns laminados e o millo. Dar o toque de sal. Meter ó forno 18 minutos a 180ºC.

Notes

Vantaxes:
O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. A excelente dixestibilidade do arroz, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.