Print

Palometa ao forno con champiñóns

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g palometa
  • 100 mL caldo peixe
  • 100 mL viño branco
  • 50 g pataca
  • 50 g cebola
  • 60 g champiñóns
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nunha pota refogar a cebola en aceite, engadir o viño e evaporar o alcohol, introducir a fariña e refogar sen que se queime, mollar co caldo e ligar ben, cando comece a ferver engadir os champiñóns. Dispoñer o peixe nunha fonte de forno e cubrir coa salsa. Introducir no forno a 170º C durante 12 min. aproximadamente.

Notes

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes.