Print

Palometa ao forno con verduras

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g palometa
  • 1 (100g) pataca
  • 40 g cebola
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 25 g cenoria
  • 50 g salsa tomate
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar as patacas peladas en rebandas finas e dar un toque de fritura. Colocar nunha bandexa de forno. Limpar a palometa, cortar en anacos de 75gr. aprox., salgar, pasar por fariña e fritir lixeiramente. Colocar sobre as patacas. Facer a salsa refogando os pementos, a cenoria e a cebola; engadir a salsa de tomate e o caldo de peixe deixando cocer 10 minutos. Verter sobre o peixe e patacas cocinando ao forno 15 min. aprox. ata que a pataca estea branda. Decorar con perexil.

Notes

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes. Este prato tamén presenta pataca, cuxo principal compoñente despois da auga é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite, ademais é aconsellable o seu consumo debido a súa acción diurética e depuradora.