Print

Palometa con piperada

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g palometa
  • 50 g pataca
  • 50 g salsa tomate
  • 25 g pemento amarelo
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 25 g cebola
  • 50 mL viño branco
  • 2 dentes (10g) allo
  • 3 culleradas (15 mL) aceite oliva
  • perexil
  • caiena
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar, quitar a pel e cortar a palometa en tranchas e marcalos na prancha volta e volta. Á parte, nunha cazola preparar a salsa piperada cortando a cebola e pementos en tiras, refogando en aceite sen que tomen cor. Engadir o viño e a salsa de tomate. Verter a salsa sobre o peixe cubrir de perexil e meter ao forno 10-15 min. Acompañar de pataca cocida.

Notes

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes.
Por outra parte, o allo presenta numerosas propiedades medicinais. Desde unha acción depurativa e tonificante do organismo a propiedades vitalizadoras. Tamén se lle atribúen propiedades antirreumáticas e antigotosas; ademais son expectorantes e anticatarrais.
Inconvenientes: