Pasta con luras
Ingredients
- 75 g pasta (tallaríns)
- 75 g luras
- 50 g salsa tomate
- 30 g cebola
- 5 g queixo relado
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- caiena
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer a pasta en auga fervendo con sal durante o tempo que nos indique o fabricante. Escorrer e refrescar. En aceite de oliva refogar o allo, cebola e caiena. Engadir a lura en tiras e refogar uns minutos. Poñemos a salsa de tomate e a pasta cocida removendo para que se mesture. Decorar con perexil.
Notes
Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
O aporte enerxético da lura é baixo e non presenta cantidades significativas de hidratos de carbono. Posúe proteínas de alto valor biolóxico e é rica en minerais como o fósforo e sodio, este último non beneficia ás persoas con hipertensión arterial. Tamén posúe vitaminas como a B3, a B12, vitamina A e D, pero todas en cantidades baixas. A lura non é apropiada para persoas que teñan o colesterol elevado, xa que este alimento posúe cantidades altas desta substancia; tampouco se recomenda en persoas con hipertensión arterial.