Pasta con peixe espada e tomate
Ingredients
- 70 g pasta (macarrón)
- 80 g salsa tomate
- 50 g peixe espada
- 10 g queixo relado
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- albahaca
- pementa
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer a pasta en auga fervendo con sal durante o tempo que nos indique o fabricante. Separadamente, en aceite de oliva refogar o allo e engadir o peixe en dados, refogando un minuto. Engadir a salsa de tomate e unha folla de albahaca. Engadir a pasta escorrida e refrescada. Dar o punto de sal e pementa e quentar. Cubrir de queixo relado.
Notes
Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
O peixe espada é un peixe semigraxo. O seu contido en proteínas non é moi elevado, pero son dun alto valor biolóxico, xa que inclúen todos os aminoácidos esenciais. Ademais contén diferentes vitaminas e minerais, entre os que destacan as vitaminas do grupo B e A, e a presenza de fósforo e magnesio, posto que este peixe é o máis rico nestes minerais.