Pasta napolitana
Ingredients
- 80 g pasta
- 100 g salsa tomate
- 20 g queixo parmesano
- 1/3 (40 g) cebola
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- 40 g xamón cocido
- 1 dente (5g) allo
- sal ao gusto
- pementa branca
Instructions
- Cocer a pasta en auga fervendo con sal. Á parte rustrir o allo e a cebola en aceite. Engadir a salsa de tomate e o xamón cortado en dados. Engadir a pasta. Dar o punto de sal e pementa. Cubrir con queixo relado.
Notes
Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
Este prato tamén presenta un gran contido en tomate. O principal beneficio deste comestible radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes do envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio, fibra, e vitaminas do grupo B e vitamina C. Inconvenientes:
O único inconveniente é que a pasta é deficitaria en fibra, en vitaminas do grupo B, e en minerais.