Pasta salteada con verduras
Ingredients
- 80 g pasta
- 30 g pemento verde
- 30 g pemento vermello
- 30 g cenoria
- 40 g cabaciño
- 80 g cogomelos
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer a pasta en auga son sal. Á parte, nunha sartén con aceite saltear as verduras, empezando pola cenoria e os pementos, uns minutos despois engadir o cabaciño; e por último as setas. Poñer a punto de sal e servir todo xunto.
Notes
Vantaxes:
Neste prato combínase o valor calórico e nutricional da pasta cos beneficios das verduras (cenoria, pemento, cabaciño). Destacan as propiedades antioxidantes, o aporte vitamínico, fundamentalmente, vitaminas do grupo B, A e C; e minerais como potasio, magnesio e fósforo.