Print

Pastel de castañas

Course Postre
Servings 1 persona

Ingredients

  • 39 g Azucre
  • 0.5 g Canela
  • 35 g Castaña
  • 8 g Chocolate
  • 5.5 g Clara de ovo
  • g Licor doce (Anís)
  • 3 g Mel

Instructions

  • Cocemos as castañas. Despois, coas castañas facemos un puré e engadímoslle o anís, o azucre, o mel e o chocolate relado. Cocemos a lume baixo. Vertemos o puré, unha vez temperado, sobre un molde de compota e dámoslle forma piramidal. Para rematar, botamos encima as claras de ovo batidas a punto de neve e esparexemos con azucre e canela.

Notes

As castañas foron parte da alimentación humana e dos animais domésticos desde tempos inmemoriais. Hoxe en día utilízanse para elaborar multitude de sobremesas. A castaña é o froito seco que menos contido graxo posúe. O seu constituínte principal son os hidratos de carbono, polo que son moi enerxéticas cando están secas, mentres que en fresco polo seu gran contido de auga, o seu valor calorífico é baixo. Destaca a presenza de potasio que favorece as persoas que sofren retención de líquidos e en ferro que axuda a previr a anemia. O seu alto contido en ácido fólico e antioxidantes convérteas nun alimento cardiosaudable.