Print

Patacas á importancia

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 15 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 0.5 g Azafrán
  • 50 g Cebola
  • 30 g Ovo
  • 150 g Pataca
  • 2 g Perexil
  • 0.5 g Pementa negra
  • 0.5 g Sal

Instructions

  • Pelamos e cortamos as patacas en toros algo anchos, seguidamente rebózanse en fariña e ovo para fritilas en aceite. Á parte, faise un rustrido coa cebola, o allo machucado e o perexil. Botamos o refrito sobre as patacas xa colocadas nunha cazola de barro e sazonamos con pementa e azafrán. Botamos auga ata cubrir as patacas e cócense a lume lento ata que queden tenras.

Notes

Esta é unha receita clásica onde as patacas deixan de ser unha recorrida gornición para se converter en prato principal. A pataca contén hidratos de carbono e proteínas de gran valor biolóxico cun contido en graxas e calorías moi baixo, pero nesta receita increméntanse polo rebozado. É rica en vitaminas B e C. Destaca o seu contido en potasio que xunto ao seu baixo contido en sodio as fai idóneas para persoas coa presión arterial elevada.