Print

Patacas castelás

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 200 g pataca
  • 100 mL caldo carne
  • 30 g cebola
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • loureiro
  • pementa
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nunha tixola refogar a cebola picada fina co allo picado, ata que empeza a dourarse. Engadir as patacas peladas e cortadas en dados grosos e refogar uns minutos. Cubrir co pementón e remover uns minutos. Engadir a fariña, removendo brevemente ata que comece a dourarse. Verter o caldo ou auga, ata cubrir as patacas, engadir unha folla de loureiro e salpementar. Deixar cocer a lume lento uns 20-30 minutos, ou ata que as patacas queden moi tenras.

Notes

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.