Print

Patacas con chourizo

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 9 g Aceite de oliva
  • 100 g Cebola
  • 69 g Chourizo
  • 120 g Pataca
  • 1 g Sal

Instructions

  • Nunha cazola douramos a cebola picada e, cando estean transparentes, botamos as patacas sen pel e picadas en anacos pequenos, o chourizo cortado en toros e a auga. Agregamos o sal e deixamos a lume suave.

Notes

A pataca ten a súa orixe en América. En Europa non se empezou a consumir ata o século XVII. A pataca é rica en hidratos de carbono, en forma de amidón, polo que non é moi recomendable para persoas que seguen dietas de adelgazamento e tampouco para as persoas diabéticas. Son moi ricas en potasio polo que son adecuadas para persoas hipertensas. Tamén destaca a súa cantidade de fósforo que intervén na absorción da glicosa e no almacenamento de enerxía entre outras funcións. Pola súa parte, o chourizo posúe unha gran cantidade de calorías e destaca o seu gran contido en sodio polo que non está recomendado o seu consumo para persoas con hipertensión. Contribúe a combater a anemia polo seu contido en ferro.