Patacas con queixo
Servings 1 persona
Ingredients
- 10 g Aceite de oliva
- 5 g Fariña
- 54 g Ovo
- 5 g Pan relado
- 70 g Pataca
- 0.5 g Perexil
- 20 g Queixo do país
- 0.5 g Sal
Instructions
- Nunha tarteira mediana engadimos auga e sal. Unha vez que ferva a auga introducimos as patacas coa pel. Cando as patacas xa estean cocidas, pelámolas e realizámoslles un pequeno burato que, posteriormente, encheremos con pan relado, queixo e perexil. Por último, rebozámolas con ovo e fariña antes de fritilas.
Notes
A pataca introduciuse na península Ibérica na primeira metade do século XVI, traída desde América onde era o sustento dos indios. En Galicia, comezou a cultivarse masivamente no século XVII, substituíndo á castaña que ata entón era un alimento básico para a poboación galega.