Patacas en salsa verde
Ingredients
- 1 grande (150g) pataca
- 60 mL caldo peixe
- 25 g cebola
- 20 g chícharos
- 50 g bacallau
- 5 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Ferver a pataca redonda e reservar. Refogar o allo, cebola picados en aceite, cubrir de fariña cubrir con caldo, engadir o perexil e os chícharos. Introducir as migas na salsa e rematar mesturando coas patacas.
Notes
Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora. Inconvenientes:
A pesar do seu contido en vitamina C, pérdese a maior parte desta vitamina co pelado, e o resto durante o proceso de cocción.