Pavo ao curry
Ingredients
- 150 g peituga pavo
- 1/2 vaso (100 mL) caldo polo
- 25 g arroz branco
- 25 g arroz salvaxe
- 30 g mazá
- 30 g cebola
- 20 mL nata
- 10 g fariña
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- 2 g curry
- perexil
- pementa
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar o pavo en dados de 30g aprox. salpementar, pasar por fariña e fritir lixeiramente. Reservar. Facer a salsa refogando a cebola en aceite uns minutos, engadir a mazá pelada e sen corazón. Engadir un pelín de farina e o caldo de polo deixando cocer 10 minutos. Triturar a salsa e poñer o curry ao gusto. Introducir o pavo na salsa e cocer 10 min. Cocer o arroz (mestura de branco e salvaxe) e poñer de base. Poñer o pavo enriba e decorar con perexil.
Notes
Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.