Print

Peituga de pavo á pementa verde

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g peituga pavo
  • 75 mL caldo carne
  • 50 g arroz
  • 25 mL nata
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • pementa verde en gran
  • sal ao gusto

Instructions

  • Salpementar a peituga, cortar en escalopíns de 75gr aprox. Marcar na pranca e reservar. Dourar o allo en aceite engadir a nata e despois o caldo de carne. Dar o punto de pementa branca e sal. Cubrir a peituga coa salsa e deixar cocer 15 minutos, espallar uns grans de pementa verde por riba. Acompañar de arroz branco ao forno.

Notes

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. Ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.