Print

Peituga de pavo asada

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g peituga pavo
  • 15 g cebola
  • 15 g cenoria
  • 15 g pemento vermello
  • 50 g arroz
  • 50 mL viño branco
  • 5 g maicena
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • romero
  • pementa
  • sal ao gusto

Instructions

  • Facer a salsa cortando as verduras en dados e refogar no aceite, a continuación engadir o caldo e o romero. Cortar a peituga en filetes grosos, marcar na prancha e introducila na salsa ata finalizar a súa cocción. Acompañar de arroz en branco.

Notes

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. Ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.