Peituga de pavo con mostaza
Ingredients
- 150 g peituga pavo
- 50 g arroz
- 100 mL caldo polo
- 70 g cebola
- 10 g mostaza
- 5 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar a peituga de pavo en filetes finos e salpementalos. Facer á prancha. Preparar unha salsa refogando allo e cebola en aceite, ligar con fariña, engadir o caldo de polo e terminar coa mostaza. Triturar e cubrir o filete coa salsa. Acompañar como gornición arroz en branco.
Notes
Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. Ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.