Print

Peituga de polo á pementa verde

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g peituga polo
  • 80 g champiñón laminado
  • 75 mL caldo carne
  • 25 mL nata
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 3 g pementa verde en gran
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instructions

  • Salpementar a peituga. Dourar enteira na prancha e reservar. Dourar o allo en aceite. Engadirlle os champiñóns, logo a nata e despois o caldo de carne. Dar o punto de pementa branca e sal. Cubrir a peituga coa salsa e deixar cocer 15 minutos, esparexar uns grans de pementa verde por enriba.

Notes

Vantaxes:
A carne de polo é unha boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.