Peituga de polo adubado
Ingredients
- 150 g peituga polo
- 1/2 vaso (100mL) viño branco
- 50 g cenoria
- 50 g arroz
- 20 g chícharos
- 1 dente (5g) allo
- 15 g cebola
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementón doce
- pementa branca
- comiño moído
- sal ao gusto
Instructions
- Salpementar a peituga e poñer en adobo co allo picado aceite e pementón doce así como un toque de cominos. Introducir no forno cunhas cenorias e cebola en rebandas regando co viño branco durante a cocción. Asar como 30minutos ata que estea tenra a 175ºC. Acompañar duns chícharos cocidos e arroz ao forno.
Notes
Vantaxes:
A carne de polo é unha boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.