Print

Peituga de polo con berenxena e cabaciño en papillote

Course Segundo prato

Ingredients

  • 120 g peituga polo
  • 70 g cabaciño
  • 70 g berenxena
  • 60 g arroz
  • 40 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Trocear as peitugas de polo en tacos non moi grosos e salar. Cortar a cebola en xuliana fina e a berenxena e o cabaciño en rebandas tamén finas. Colocar sobre unha placa de forno unha capa de xuliana de cebola e unhas rebandas de berenxena e de cabaciño. Sobre estas colocar os taquiños de peituga de polo e unha nova capa de cebola, berenxena e cabaciño. Cubrir con papel de aluminio e fornear a 180 ºC uns 20 minutos. Acompañar de arroz en branco.

Notes

Vantaxes:
A carne de polo é unha boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.