Peixe espada á cordobesa
Ingredients
- 150 g peixe espada
- 1 (100g) pataca
- 75 g salsa tomate
- 40 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar o peixe espada e marcalo na prancha volta e volta. Separadamente nunha pota refogar o allo picado, engadir a cebola picada e cando estea case pochada engadir o tomate. Verter sobre o peixe cubrir de perexil e meter ao forno 10 min a180ºC. Acompañar de pataca cortada en rebandas ao vapor.
Notes
Vantaxes:
O peixe espada é un peixe semigraxo. O seu contido en proteínas non é moi elevado, pero son dun alto valor biolóxico, xa que inclúen todos os aminoácidos esenciais. Ademais contén diferentes vitaminas e minerais, entre os que destacan as vitaminas do grupo B e A, e a presenza de fósforo e magnesio, posto que este peixe é o máis rico nestes minerais.