Pementos do piquillo reenchidos
Ingredients
- 1 (125g) pemento do piquillo
- 1/2 vaso (100 mL) leite
- 20 g xamón cocido
- 3 culleradas (15 g) salsa tomate
- 10 g cebola
- 12 g fariña
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
- pementa branca
- noz moscada
Instructions
- Preparar a bechamel: quentar o aceite nun cazo e engadir a fariña. Remover con variña ou batedor manual e engadir o leite quente. Remover ata que ferva e espese. Picar o xamón cocido en dados pequenos, engadir á bechamel e remover. Coa axuda dunha culler reencher os pementos. Quentar no forno uns minutos a 180º. Pódense acompañar con salsa de tomate.
Notes
Vantaxes:
Os hidratos de carbono son o compoñente maioritario dos pementos. Tamén teñen un elevado contido en auga e o seu contido en lípidos é moi escaso, isto fai que o seu valor calórico sexa baixo. É un dos alimentos máis ricos en vitamina C, incluso proporciona o dobre desta vitamina que a laranxa. Pero tamén é rico en carotenos, como o beta-caroteno ou provitamina A. Ademais, como as verduras en xeral, os pementos son ricos en fibra. E en canto ós minerais, contén, principalmente, fósforo, potasio, magnesio e calcio.