Print

Pementos do piquillo reenchidos de espinacas e gambas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 120 g pemento piquillo
  • 100 mL leite desnatado
  • 60 g espinacas
  • 50 g gambas
  • 6 g fariña
  • 3 g allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer as espinacas e escorrer. Elaborar a parte unha salsa bechamel non moi espesa. Reservar unha parte para salsear e o resto mesturar coas gambas cocidas e as espinacas. Deixar que enfríe e reencher os pementos. Nunha fonte de forno poñer os pementos e cubrir coa salsa. Introducir no forno a 170ºC durante 5 minutos.

Notes

Vantaxes:
Os hidratos de carbono son o compoñente maioritario dos pementos. Tamén teñen un elevado contido en auga e o seu contido en lípidos é moi escaso, isto fai que o seu valor calórico sexa baixo. É un dos alimentos máis ricos en vitamina C, incluso proporciona o dobre desta vitamina que a laranxa. Pero tamén é rico en carotenos, como o beta-caroteno ou provitamina A. Ademais, como as verduras en xeral, os pementos son ricos en fibra. E en canto ós minerais, contén, principalmente, fósforo, potasio, magnesio e calcio.