Print

Pementos morróns con cachelos

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 100 g Pataca
  • 160 g Pemento morrón
  • 1 g Sal
  • 3 g Vinagre

Instructions

  • Asaremos os pementos enteiros con sal e aceite. Unha vez feitos abrímolos á metade e limpámolos. Servímolos (esparexidos con seu zume e cun chorriño de vinagre) con patacas.

Notes

O pemento é orixinario de América e as súas sementes introduciunas en España Cristóbal Colón, tras o descubrimento do continente americano. Os pementos son un alimento cun elevado contido en auga, apenas teñen graxas e tamén proporcionan poucas proteínas pero son unha fonte importante de vitaminas e minerais, unha das máis xenerosas en vitamina C (en maior proporción nos pementos vermellos), ademais de conter carbohidratos e fibra. Nesta receita acompáñanse de patacas cocidas (cachelos) que nos dan enerxía debido ao seu contido en hidratos de carbono.