Print

Perca ao forno

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g perca
  • 50 g pataca
  • 50 mL viño branco
  • 30 g cebola
  • 10 g pemento vermello
  • 10 g pemento verde
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar o peixe e filetealo. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras picadas e o viño e introducir no forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas, rociar co aceite de oliva deixar e 10 minutos máis. Retirar do forno. Decorar con perexil.

Notes

Vantaxes:
A perca é un peixe branco, cun baixo contido lipídico; non presenta unha porcentaxe elevada de proteínas, pero as que contén son dun alto valor biolóxico. Ademais, contén vitaminas do grupo B e A, e minerais como potasio, fósforo, magnesio e ferro.