Print

Perca ao viño branco con mexillóns

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g perca
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 30 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 g fariña
  • 20 g chícharos
  • 25 g mexillón sen cuncha
  • 1 cullerada (10mL) viño branco
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Preparar a salsa: refogar en aceite o allo e a cebola picados, sen que tomen cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 min e engadir perexil picado e o viño branco reducido. Cortar a perca en lombos sen espiña e poñer nunha placa de forno e cubrir coa salsa. Poñer no forno 10-15 min. a 180ºC. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas, chícharos e mexillóns sen cuncha.

Notes

Vantaxes:
A perca é un peixe branco, cun baixo contido lipídico; non presenta unha porcentaxe elevada de proteínas, pero as que contén son dun alto valor biolóxico. Ademais, contén vitaminas do grupo B e A, e minerais como potasio, fósforo, magnesio e ferro. Por outra parte, o allo presenta numerosas propiedades medicinais. Desde unha acción depurativa e tonificante do organismo a propiedades vitalizadoras. Tamén se lle atribúen propiedades antirreumáticas e antigotosas; ademais son expectorantes e anticatarrais.