Perca con tomate
Ingredients
- 150 g perca
- 1 (100g) pataca
- 60 g salsa tomate
- 30 g pemento verde
- 30 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Salgar os filetes de perca e facer á prancha. Reservar. Facer unha salsa de tomate pochando previamente allo, cebola e o pemento picados en dados e rematar co tomate natural, cocinar 20min. aproximadamente. Colocar a perca nunha fonte de forno, cubrir coa salsa e fornear 5 min a 180ºC. Acompañar de patacas fervidas.
Notes
Vantaxes:
A perca é un peixe branco, cun baixo contido lipídico; non presenta unha porcentaxe elevada de proteínas, pero as que contén son dun alto valor biolóxico. Ademais, contén vitaminas do grupo B e A, e minerais como potasio, fósforo, magnesio e ferro.