Print

Perca panadeira

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g perca
  • 50 mL viño branco
  • 50 mL caldo peixe
  • 50 g pataca
  • 30 g cebola
  • 15 g pemento vermello
  • 15 g pemento verde
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • colorante alimentario
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar o peixe e filetealo ou ben en tranchas con espiña. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras picadas, mellor refogadas. Engadir o viño e o caldo coloreado, introducir en forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas e deixar 10 minutos máis. Retirar do forno. Decorar con perexil.

Notes

Vantaxes:
A perca é un peixe branco, cun baixo contido lipídico; non presenta unha porcentaxe elevada de proteínas, pero as que contén son dun alto valor biolóxico. Ademais, contén vitaminas do grupo B e A, e minerais como potasio, fósforo, magnesio e ferro.