Print

Pescada á cazola

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g pescada
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g ovo
  • 75 mL caldo peixe
  • 20 g chícharos
  • 20 mL viño branco
  • 20 g espárrago branco
  • 20 g cebola
  • 8 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 2 culleradas (20mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Preparar unha salsa verde: refogando en aceite o allo e cebola picados, sen deixar que tome cor. Engadir fariña e viño deixando reducir o alcol. Mollar co caldo de peixe e deixar cocer 5 min. Engadir o perexil picado e salgar. Colocar a pescada na cazola e engadir a salsa. Meter no forno 10-15 minutos a 180ºC e ao sacar acompañar de pataca cocida, espárrago branco, chícharos cocidos e ovo duro.

Notes

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.