Print

Pescada á cazola con cenoria

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g pescada
  • 1 (100g) pataca
  • 100 mL caldo peixe
  • 40 g cebola
  • 30 g cenoria
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instructions

  • Filetear a pescada, marcar á prancha e colocar nunha cazola de forno. Nunha pota refogar a cebola e a cenoria, engadir á pescada, mollar co caldo de peixe fornear a 170º ata terminar a súa cocción. Acompañar de pataca fervida.

Notes

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.