Print

Pescada á galega

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g pescada
  • 1 (150g) pataca
  • 40 g chícharos
  • 20 g cebola
  • 2 dentes (10g) allo
  • 2 culleradas (20mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • pementón doce
  • loureiro

Instructions

  • Limpar e cortar a pescada en rebandas. Poñer a cocer en auga con laurel as patacas cortadas en rebandas grosas. Ós 8 min. engadir o peixe e cocer de 5 a 8 minutos máis. Á parte preparar unha salsa co aceite, allo e pemento picante. Servir a pescada enriba das patacas acompañado por chícharos cocidos á parte e a salsa de allo por riba.

Notes

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.