Print

Pescada á prancha con pisto

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g lombo pescada
  • 50 g pataca
  • 25 g cebola
  • 25 g salsa tomate
  • 25 g berenxena
  • 25 g cabaciño
  • 20 g pemento verde
  • 20 g pemento vermello
  • 10 g piñóns
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar o peixe e filetealo. Preparar un pisto con todas as verduras cortadas en dados. Refogar por orde de dureza no aceite de oliva, primeiro a cebola e pementos, logo o cabaciño e berenxena, finalmente engadir a salsa de tomate. Poñer a punto de sal e cubrir cos piñóns torrdados. Mentres, facer a pescada á prancha. Decorar con perexil.

Notes

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.