Pescada á vasca
Ingredients
- 150 g lombo pescada
- 1/2 vaso (150mL) caldo pescado
- 1 (100g) pataca
- 30 g cebola
- 25 g ameixa xapónica
- 20 g chícharos
- 10 g espárrago branco
- 7 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Preparar unha salsa verde: refogar en aceite o allo e cebola picados sen que tome cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 min. e engadir perexil picado. Introducir o lombo de pescada na salsa e meter no forno coas ameixas e chícharos durante 8 min. Acompañar na mesma cazola con patacas redondas cocidas e espárrago.
Notes
Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.