Print

Pescada ao forno

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g lombo pescada
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 30 g cebola
  • 50 mL viño branco
  • 10 g pemento vermello
  • 10 g pemento verde
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • colorante alimentario
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar o peixe e cortar en supremas. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras picadas e o viño e introducir no forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas, rociar co aceite de oliva, deixar 10 minutos máis engadindo caldo de peixe coloreado. Retirar do forno. Decorar con perexil.

Notes

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.