Pescada ás finas herbas
Ingredients
- 150 g pescada
- 1 (100g) pataca
- 50 mL caldo peixe
- 50 mL viño branco
- 40 g cebola
- 40 g salsa tomate
- 25 g porro
- 6 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- perexil
- ourego
- pementa
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar o peixe e cortar en rebandas. Facer a salsa: refogar o allo, a cebola e o porro, mollar con viño, engadir a fariña sen que se torre, mollar co caldo de peixe quente, terminar con salsa de tomate. Introducir o peixe na salsa, cociñar, cubrir coas herbas aromáticas picadas. Acompañar de pataca cocida.
Notes
Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.