Pescada en salsa de piperada
Ingredients
- 150 g lombo pescada
- 1 (100g) pataca
- 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
- 30 g cebola
- 30 g pemento amarelo
- 30 g pemento vermello
- 30 g pemento verde
- 25 g salsa tomate
- 5 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Preparar unha salsa refogando en aceite o allo, a cebola e os pementos, cortado todo en dados. Engadir un pouco de fariña e a continuación a salsa de tomate e o caldo de peixe quente e perexil picado, deixando cocer uns minutos. Separadamente, o lombo de pescada márcase na prancha e colócase nunha fonte de forno, cóbrese con salsa e fornea 10 min. a 180ºC. Acompañar dunhas patacas cocidas a parte.
Notes
Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12), pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.