Pescada fritida
Servings 1 persona
Ingredients
- 17 g Aceite de oliva
- 10 g Fariña
- 20 g Ovo
- 5 g Limón
- 160 g Pescada
- 100 g Pataca
- 0.5 g Sal
Instructions
- Sálgase a pescada xa torada e pásase pola fariña e ovo batido e frítese en aceite ben quente. Cócense as patacas e sérvese todo xunto.
Notes
A pescada que atopamos nos mercados é a pescada europea común e a súa carne considérase exquisita. É unha carne moi sensible e delicada. Presenta un alto contido en auga, proteínas e ácido fólico, baixa en graxa e é unha boa fonte de minerais como calcio, fósforo, magnesio, sodio, iodo ou potasio, ademais dalgunhas cantidades de vitamina A, B1, B2 e B6. Forma parte do grupo de peixes magros ou brancos, cunha porcentaxe de graxa inferior ao 2%.