Print

Pisto de verduras

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 75 g cabaciño
  • 50 g salsa tomate
  • 25 g pemento verde
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g cebola
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar as verduras en dados. Refogar por orde de dureza en aceite de oliva, primeiro a cebola e pementos, despois o cabaciño e finalmente a salsa de tomate. Poñer a punto de sal. Suxerencia de presentación con ovo escalfado.

Notes

Vantaxes:
A combinación de pemento verde e vermello, tomate, cebola e cabaciño, aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C; e minerais, tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.