Print

Plumas á portuguesa

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 60 g macarróns
  • 15 g pemento verde
  • 15 g pemento vermello
  • 15 g cebola
  • 20 g xamón cocido
  • 20 g champiñóns enlatados
  • 75 g salsa tomate
  • 10 g queixo parmesano
  • 1 dente (5g) allo
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer os macarróns en auga con sal. Escorrer e reservar. Para preparar a salsa: refogar en aceite o allo, a cebola e os pementos, todo cortado en dados. Engadir a salsa de tomate, o xamón en dados e os champiñóns. Deixar cocer e servir sobre a pasta. Cubrir con queixo e perexil picado.

Notes

Vantaxes:
Neste prato hai que ter en conta o aporte calórico da pasta, o poder antioxidante debido a substancias presentes no tomate, pemento e cebola. Ademais, os champiñóns conteñen unha substancia chamada ergotioneína, un aminoácido con elevado poder antioxidante, e son unha excelente fonte de potasio.