Print

Polbo á feira

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 2 g Pemento doce
  • 150 g Polbo
  • 1 g Sal

Instructions

  • Unha das técnicas máis populares de como facer o polbo de xeito que o resultado sexa óptimo é meter e sacar tres veces seguidas a peza en auga fervendo, antes de deixalo, definitivamente, a cocer. Unha vez feito isto, córtase a peza coa axuda dunhas tesoiras (normalmente) e alíñase con pemento, aceite e sal gordo.

Notes

O "polbo á feira" é un prato de orixe moderna. O polbo chegaba a Lugo, a Ourense, a Monterroso ou ao Carballiño, procedente de Mugardos na ría de Ferrol, de Bueu na de Pontevedra, de Muros e das illas e ribeiras da ría de Arousa. Hai uns 125 anos, os arrieiros maragatos que acudían ás feiras de gando compraban grandes cantidades de polbo e, nos pobos, preparábano con aceite de oliva e pemento.