Print

Polo á caseira con alcachofas

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g zancos polo
  • 1 vaso (200 mL) caldo polo
  • 1/2 vaso (100mL) viño branco
  • 110 g champiñóns enteiros
  • 50 g salsa tomate
  • 50 g alcachofas
  • 50 g chícharos
  • 40 g cebola
  • 20 g xamón serrano
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instructions

  • Salpementar e dourar os xamonciños na tixola para que se douren. Preparar a salsa a parte refogando en aceite, loureiro, a cebola picada co xamón e o tomate. Verter sobre o polo e engadir o viño branco deixando reducir un pouco o alcol. Cubrir de auga ou caldo de polo. Cando estea tenro, engadir os champiñóns, chícharos cocidos. Servir acompañado das alcachofas e cubrindo coa salsa.

Notes

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.
O potasio e a fibra son dous dos nutrientes máis abundantes nas alcachofas. Tamén destaca polo seu alto contido en magnesio, fósforo e calcio. Na súa composición atopamos a cinarina, que ten efecto colerético, é dicir, que estimula a función do fígado e facilita a dixestión de graxas. Posúe, tamén, esteroles, que teñen capacidade para limitar a absorción do colesterol no intestino.