Polo "á cazadora"
Ingredients
- 125 g xamonciño de polo
- 110 g champiñóns
- 50 g chícharos
- 1/3 (40 g) cebola
- 1/3 (50 g) tomate enlatado
- 1 (100g) pataca
- 1/2 vaso (100 mL) viño branco
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
- perexil
- loureiro
Instructions
- Salpementar e dourar os xamonciños na prancha ou tixola para que se douren. Preparar a salsa á parte refogando en aceite, o loureiro, a cebola picada e o tomate, viño branco e champiñones. Engadirlle os chícharos cocidos e caldo de carne. Introducir o polo no forno a 180ºC, coa salsa ata que esté tenro. Sazonar con perexil. Servir acompañado dunha pataca.
Notes
Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.