Print

Polo ao allo con patacas palla

Course Segundo prato

Ingredients

  • 225 g polo
  • 75 mL caldo carne
  • 25 mL viño branco
  • 10 g fariña
  • 1/3 (45 g) pataca conxelada
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • caiena
  • perexil

Instructions

  • Fritir o polo salpementado. Nunha tixola á parte nun pouco de aceite refogar o allo laminado e caiena. Cubrir de fariña sen que se queime. Mollar con viño branco deixando reducir. Mollar con caldo de carne. Cocer un par de minutos. Acompañar de pataca palla.

Notes

Vantaxes:
Este prato combina as propiedades do polo, sendo este rico en aminoácidos de fácil asimilación, vitaminas do grupo B e minerais como potasio, ferro e fósforo; coas propiedades da pataca, que destaca polo seu contido en amidón, o seu baixo aporte de proteínas e graxas; e é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B e vitamina C.